26 mar. 2017

Aeshna grandis (Linnaeus, 1758)

Foi unha das maiores sorpresas observar por primeira vez esta libélula de gran tamaño  e cor castaño-avermellado:
parece un pequeno volcán voando!

Ballons des Vosges, Francia, agosto 2016
Aeshna grandis

Aeshna grandis, fotografía de Martiño Cabana

Femia, Aeshna grandis, fotografía de Martiño Cabana

Femia, Aeshna grandis, fotografía de Martiño Cabana


19 mar. 2017

Primeiras libeliñas do 2017





Onte día 18 de marzo observamos as primeiras libélulas do ano, dous exemplares de    Pyrrhosoma nymphula, unha delas ovopositando nun pío entre vides preto dos Peares, Ourense.














Hoxe varios exemplares de Sympecma fusca na charca do Barreiro en Guitiriz, Lugo.

Sympecma fusca

Sympecma fusca





2 mar. 2017

Onychogomphus forcipatus forcipatus (Linnaeus, 1758)

Onychogomphus forcipatus é unha especie que se distribúe por gran parte do Paleártico Occidental, desde o norte de África ata os Urais,
Na Península Ibérica (e norte de África e sur de Francia) podemos atopar a subespecie unguiculatus, caracterizada por ter o ángulo entre o dente subterminal do apéndice inferior e o resto do apéndice de: 90º (25-120º) *Dijkstra pax.200
Pola contra, fora desta zona está presente a subespecie nominal (O. forcipatus foircipatus) caracterizada por  ter o ángulo entre o dente subterminal do apéndice inferior e o resto do apéndice de: >140º (120-160º) *Dijkstra pax.200
Debemos indicar que existen pequenas poboacións da subespecie nominal na Península Ibérica detectadas por Iñaki Mezquita e Antonio Torralba en Guipúzcoa.

Nos observámola en dous puntos da Alsacia (NE Francia)


Onychogomphus forcipatus forcipatus na Petite Camargue D´Alsace

Onychogomphus forcipatus forcipatus Fotografía de Martiño Cabana 


Comparación subespecies

3 feb. 2017

Diplacodes lefebvrii (Rambur, 1842)

Fotos dunha viaxe a Portugal no verán do 2014.
Resultou ser unha das libeliñas observadas máis inquietantes pola súa coloración case totalmente negra. É un odonato tremendamente liorteiro e fascinante.

Diplacodes lefebvrii macho inmaduro

Macho inmaduro

Diplacodes lefebvrii macho

Macho

5 ene. 2017

Paragomphus genei (Selys, 1841)

Este pequeno gónfido de cara e tórax verdosos e abdome de cor amarelo clariño salpicado de debuxos en marróns e negros, foi unha das libeliñas que máis me sorprendeu na viaxe que realizamos en xullo do 2014 a Portugal e Extremadura. Foi complicado fotografalos, pois ese día chuviñaba un pouco e estaban refuxiados entre a vexetación.

 Expansións en S8-9 e apéndices anales característicos do macho.
Femia


Macho

Femia


30 dic. 2016

Sympetrum striolatum, as últimas libeliñas observadas no 2016

Onte 29 de decembro en Ourense observamos en varias zonas da Limia máis dunha ducia de exemplares de Sympetrum striolatum. Foi unha boa forma de despedir o ano!

Sympetrum striolatum femia
Macho
Femia de Sympetrum striolatum
Femia de Sympetrum striolatum