29 mar 2012

Brachytron pratense (Müller, 1764)


Nunha das primeiras saídas para ver odonatos este ano, Martiño e eu visitamos O Grove.
Neste día, entre outras especies, vimos varios exemplares de Brachytron pratense na canteira da Lanzada, e nas charcas intradunares.

Brachytron pratense é un pequeno Anisóptero que adoita ser confundido con algunhas especies do xénero Aeshna, pero o abdome é moito máis curto.
O macho ten os ollos azuis; ten o tórax verde claro coa parte superior marrón; dúas manchas antehumerais verdes, grandes e estreitas. O abdome é negro brillante con máculas alargadas azul claro, exceptuando no S3, que son verdes. Apéndices anais estreitos, longos, e curvados cara a dentro. Nas imaxes pódemos observar como resalta a presenza de pequenos “pelos” por todo o corpo.
A femia ten os ollos escuros; tórax marrón con ausencia de manchas antehumerais ou residuais de cor amarela. Abdome negro grisáceo con máculas dobres reducidas amarelas.
Apéndices anais moi longos, rectos e estreitos.
Distribúese pola costa galega, onde voa a principios da primavera nos principais humidais costeiros.


Fotos na Lanzada, 29 de marzo 2012








Cópula



Téneral





























3 mar 2012

Lestes sponsa (Hansemann, 1823)

Nestes dous últimos anos atopáronse na zona de Trevinca e Macizo Central varias poboacións desta especie. Neste enlace ó artigo publicado no Boletín da SEA podedes ler máis información: Primeras Cistas de Lestes sponsa para Galicia.

Lestes sponsa é unha libeliña de cor verde escuro brillante,
os machos maduros teñen pruiniscencia azul no tórax e nos segmentos abdominais 1,2,9 e 10.
Característica principal: xenitais masculinos cos apéndices inferiores rectos e estreitos.
Na femia o ovopositor non sobrepasa o último segmento abdominal (S10).
Fotos de Trevinca 2011
















Forma recta dos cercos