27 ago. 2017

Viaxe ao sur de Andalucía agosto 2017

Viaxamos dende Parga a Medina Sidonia, para comezar dende aquí unha visita a diversos puntos do Parque Natural Los Alcornocales e do Parque Natural Sierra de Grazalema no sur de Andalucía.
Coñecemos varios pobos fermosos e acolledores como Jimena de la Frontera, Gaucín, Ronda, Montecorto e Zahara de la Sierra, ao mesmo tempo que percorríamos zonas para fotografar libélulas.

O primeiro día grazas a grata compañía de Jose M. Gaona que nos acompañou e ensinou o Orthetrum nitidinerve, puidemos fotografar un exemplar e tamén observar e fotografar Orthetrum coerulescens, Orthetrum chrysostigma, Orthetrum trinacria, Paragomphus genei, Sympetrum fonscolombii, Crocothemis erythraea, Selysiothemis nigra, Diplacodes lefebvrii, Trithemis annulata e Trithemis kirbyi.

No segundo día na zona do río Guadairo observamos e fotografamos Zygonyx torridos, unha libélula complicada de ver pousada e polo tanto difícil de fotografar. Atopamos exuvias e vimos moitos exemplares sempre voando a varios metros de altura. Tamén observamos Calopteryx haemorrhoidalis de distinta coloración aos exemplares do noroeste ibérico e Onychogomphus forcipatus, Anax imperator, Anax parthenope, Platycnemis latipes, Erythromma lindenii e Erythromma viridulum.

Fotografías dalgunhas das libélulas desta viaxe, agosto 2017.

Unha femia de Orthetrum trinacria comendo un macho de Trithemis annulata 

Orthetrum nitidinerve

Orthetrum nitidinerve
Zygonyx torridos

Exuvia de Zygonyx torridos

Exuvia de Zygonyx torridos

Femia de Paragomphus genei

Sympetrum fonscolombii

Sympetrum fonscolombii

Onychogomphus forcipatus

Trithemis kirbyi

Trithemis kirbyi

Trithemis kirbyi

Trithemis kirbyi en Montecorto

Montecorto

Río Guadairo


26 ago. 2017

Parc Naturel Régional des Pyrénées Catalanes xullo 2017

Nesta viaxe visitamos Plaiaundi e a Cerdaña francesa e catalana, onde subimos aos lagos de Les étangs du Carlit. Nesta zona fixemos diferentes rutas espectaculares para ver varias lagoas de montaña comezando todas elas dende o Lac des Bouillouses. Ao regreso tamén visitamos varios puntos en Aragón.

Dende Mont-Louis subimos ó corazón dos Pireneos cataláns. A 2016 metros de altitude visitamos o lago artificial de Lles Bouillouses, espazo natural protexido dunha gran beleza. Dende este punto realizamos a ruta dos 12 lagos para poder observar este magnífico lugar e tamén fotografar as libélulas de montaña.
No verán, para protexer este espazo natural, a circulación de automóbiles está restrinxida. En xullo e agosto, pódese acceder ao lago no autobús que sae de Pla de Barrès, no telesilla desde Font-Romeu ou camiñando polos carreiros.

Pasamos calor e algún incidente coas tempestades e a sarabia, pero mereceu a pena  e en total  observamos 34 especies de libélulas: Calopteryx virgo, Calopteryx xanthostoma, Lestes virens, Platycnemis latipes, Pyrrhosoma nymphula, Coenagrion puella, Coenagrion hastulatum, Erythromma lindenii, Erythromma viridulum, Ischnura graellsii, Enallagma cyathigerum, Lestes sponsa, Cordulegaster bidentata, Cordulegaster boltonii, Anax imperator, Anax parthenope, Aeshna grandis, Aeshna juncea, Onychogomphus forcipatus, Somatochlora metallica, Orthetrum cancellatum, Orthetrum coerulescens, Orthetrum brunneum, Libellula depressa, Libellula quadrimaculata, Sympetrum danae, Sympetrum flaveolum, Sympetrum fonscolombii, Sympetrum pedemontanum, Crocothemis erythraea, Selysiothemis nigra, Leucorrhinia dubia, Trithemis annulata e Trithemis kirbyi.

Algunhas das libélulas fotografadas nesta viaxe, xullo 2017.

Orthetrum cancellatum

Sympetrum fonscolombii

Cordulegaster bidentata

Aeshna grandis

Somatochlora metallica

Coenagrion hastulatum

Cópula de Coenagrion hastulatum

Crocothemis erythraea

Leucorrhinia dubia

Libellula quadrimaculata

Onychogomphus forcipatus

Selysiothemis nigra

Sympetrum flaveolum

Sympetrum flaveolum

Sympetrum pedemontanum na Cerdaña

Sympetrum pedemontanum na Cerdaña

Sympetrum pedemontanum na Cerdaña

Trithemis annulata en Aragón

Trithemis kirbyi en Aragón




12 jul. 2017

Gomphus vulgatissimus (Linnaeus, 1758)

Gomphus vulgatissimus en Burgos
Nunha visita a Burgos fai unhas semanas,  xunto con José Gándara, Carmen e Alfonso Antón, paramos a dar unha volta por terras do Mosteiro de Santo Domingo de Silos, unha abadía beneditina especialmente interesante polo seu claustro románico. 
Nesta viaxe tivemos a sorte de observar varios machos e un par de femias de Gomphus vulgatissimus, especie máis robusta e escura que os seus conxéneres, cun abdome moi característico en forma de maza moi grosa.

Gomphus vulgatissimus macho

Gomphus vulgatissimus femia

Gomphus vulgatissimus macho

Gomphus vulgatissimus macho


Gomphus vulgatissimus macho

Gomphus vulgatissimus macho