24 jul 2012

Macromia splendens (Pictet, 1843)


Grazas as indicacións de Adolfo Cordero, Martiño e eu  puidemos ver este mes exemplares de Macromia splendens no Río Tea.
É unha das especies máis atraente e fermosa  da Odonatofauna Ibérica.
É un dos odonatos de máis envergadura. Posúe uns grandes ollos verdes esmeralda moi brillantes. Tórax verde metálico con bandas amarelas, corpo negro con manchas tamén amarelas,  e unhas longuísimas patas negras.
Para saber máis sobre esta especie podemos consultar o pdf de Odonatos de Extremadaura, pax. 197.

Por máis que intentamos sacar unha foto, foinos imposible retratala coas nosas cámaras.
Soamente temos unhas boas imaxes dunhas exuvias atopadas no Río Tea.
Por isto queremos agradecer a Adolfo Cordero que nos enviara algunhas fotos para este post.

Macromia splendens, Encoro de Albarellos. Adolfo Cordero.

Exuvia de Macromia splendens. Adolfo Cordero.

Macho de Macromia splendens. Adolfo Cordero