15 nov 2015

7 jul 2015

Gomphus simillimus Selys, 1840

Onte nunha pequena visita a zona de Pontevea e grazas a Jose Gandara,
estibemos gratamente acompañados de Damián Porto, Jorge Vilas e Toño Barbeito.
Grazas a eles observamos e fotografamos G. simillimus e M. splendens.


Macho de Gomphus simillimus

Gomphus simillimus Banda antehumeral amarela case do mesmo ancho que as franxas negras contiguas e moi destacadas. Lateral do tórax con liña negra bifurcada detrás do metastigma. Apéndices anais do macho con un só dente nos cercoides. Patas negras con liñas amarelas nos fémures e tibias.


Macho

Femia en Ourense no 2013 con fotografía da escama vulvaria.

Femia
Femia


Libros e guías de consulta:

Les Libellules de France, Belgique e Luxembourg. Grand et Boudot. Éditions Biotope. WWW.biotope.fr
Los Odonatos de Extremadura. A. sanchez García, J. Pérez Gordillo, E. Jiménez Díaz y C. Tovar Breña. Junta de Extremadura. ISBN: 978-84-606-4804-8
Field Guide to the dragonflies of Britain and Europe. K-D. B Dijkstra.British Wildlife. ISBN: 9780953139941



30 jun 2015

Sympetrum striolatum (Charpentier, 1840)

Sympetrum striolatum é unha das Sympetrum máis grandes. Na observación en campo os machos distínguense ben  porque a súa cor nunca chega a ser un vermello intenso coma nas outras especies. Patas negras con liña amarela ó longo das tibias e os fémures. A extensión negra da base da fronte non se prolonga ó longo dos ollos  cara abaixo. De cerca podemos observar nos exemplares que non sexan avellentados as marcas amarelas destacables nos costados do tórax.

Macho de Sympetrum striolatum

Macho

Macho

Femia inmadura
z
Macho inmaduro

Cópula

Sympetrum sanguineum (Müller, 1764)

Sympetrum sanguineum










29 jun 2015

Orthetrum cancellatum (Linnaeus, 1758)

Orthetrum cancellatun

Macho

Femia

Femia de Orthetrum cancellatum comendo un Lestes virens

7 jun 2015

Gomphus graslinii Rambur, 1842

Gomphus de corpo amarelo resplandecente e destacadas bandas negras no tórax. Ollos azul brillante. Apéndices anais do macho bifurcados.

Fotografías de Martiño Cabana do norte de Portugal.

Macho téneral
Apéndices

Tórax

3 jun 2015

Orthetrum brunneum (Fonscolombe, 1837)

Pode parecerse a un Orthetrum coerulescens pero ao observalo de cerca xa se poden ver as súas características de identificación. 
Primeiramente no macho: fronte branca-azulada, logo pruinosidade azul uniforme por tórax e abdome, pterostigmas castaños e  relativamente pequenos, e por último si se dubida da observación e se ten foto do odonato comprobar a liña dobre de células Rspl nas ás (6-7 celas).

Fotos de machos de Ourense e Pontevedra


Rspl nas ás do macho












27 may 2015

Lestes macrostigma (Eversmann, 1837)

Grazas a Matías de las Heras visitamos a Lagoa salgada de Fuente de Piedra en Málaga para observar a este inconfundible cabaliño da auga de corpo escuro e pruinosidade moi extensa.

Macho

Femia
Femia téneral



24 may 2015

SIO 2015 - Córdoba 1-3 de maio

SIO Córdoba 2015
Grazas á extraordinaria labor dos organizadores de SIO 2015 puidemos coñecer os distintos proxectos realizados e que se están a realizar nas distintas zonas da península ibérica, illas macaronésicas e mediterráneas. Foi todo un pracer pasar uns días estupendos na compañía de apaixonados amantes das libeliñas e observar algunhas especies como Onychogomphus costae en Córdoba ou Lestes macrostigma en Málaga.
SIO 2015 en Córdoba

Ansiosos de fotografar un Onychogomphus costae. Córdoba - Río Guadalquivir.


Macho téneral de Onychogomphus costae. Córdoba.

Macho de Onychogomphus costae. Córdoba.

Femia téneral de Onychogomphus costae.
Córdoba.
Lestes macrostigma macho. Laguna salgada Fuente de Piedra - Málaga.
Lestes macrostigma macho
Lestes macrostigma femia
Lestes macrostigma femia téneral

Platycnemis latipes
Sympetrum fonscolombii