30 dic 2018

Boas Festas!


Fotografía dun Sympetrum pedemontanum da Baixa Cerdaña dos Pirineos catalans.

31 oct 2018

Odonatos de outono

Libélulas de outubro 2018
Neste mes tras un percorrido por varios puntos de Galicia observamos Gaiteiriños, Donceliñas,  Libeliñas, Tizóns e Lavacús, pero a estrela foi a Libeliña de outono – Aeshna mixta.

Cópula de Aeshna mixta - Libeliña de outomo na Lagoa de Xuño en Porto do Son

Cópula de Aeshna mixta - Libeliña de outomo en Melide

Aeshna mixta - Libeliña de outomo nas Insuas do Miño, Lugo

Chalcolestes viridis - Gaiteiriño verdescente

Chalcolestes viridis - Gaiteiriño verdescente

Chalcolestes viridis - Gaiteiriño verdescente

Ischnura graellsii - Donceliña de Graells

Femia de Orthetrum coerulescens - Libélula celeste

Sympetrum meridionale - Lavacú meridional en Melide

Sympetrum meridionale - Lavacú meridional en Porto do Son

Sympetrum sanguineum - Lavacú sanguiño

25 ago 2018

Algunhas libélulas da Terra Cha

Nesta actividade organizada pola Asociación Galega de Custodia do Territorio observáronse vinte especies de odonatos, entre elas varias libélulas que habitualmente resultan difíciles de observar na Terra Cha. Aquí poderedes ver algunhas das libélulas fotografadas:

Onychogomphus uncatus macho

Aeshna affinis macho

Oxygastra curtisii macho

Libellula quadrimaculata
Trithemis annulata femia

Trithemis annulata femia

Calopteryx xanthostoma femia

Cópula de Lestes dryas

Lestes virens macho

Lestes virens macho

Chalcolestes viridis femia
Platycnemis latipes macho




6 ago 2018

Viaxe ás Landas, Nova Aquitania.



Nesta viaxe dunha semana polo norte da Península Ibérica e  as Landas en Nova Aquitania, Francia observamos un total de  36 especies de odonatos:

Calopteryx haemorrhoidalis, Calopteryx xanthostoma, Calopteryx virgo, Chalcolestes viridis, Lestes barbarus, Lestes sponsa, Lestes virens, Sympecma fusca, Ceriagrion tenellum, Coenagrion mercuriale, Enallagma cyathigerum, Erythromma lindenii, Erythromma viridulum, Ischnura elegans, Pyrrhosoma nymphula, Platycnemis latipes e Platycnemis acutipennis.

Aeshna affinis, Aeshna cyanea, Anax imperator, Boyeria irene, Gomphus flavipes, Onychogomphus forcipatus, Crocothemis erythraea, Leucorrhinia albifrons, Libellula fulva, Libellula depressa, Orthetrum albistylum, Orthetrum cancellatum, Orthetrum coerulescens, Somatochlora flavomaculata, Sympetrum fonscolombii, Sympetrum sanguineum, Sympetrum striolatum, Trithemis annulata e Oxygastra curtisii.

Gomphus flavipes macho en Dax, Francia

Gomphus flavipes macho en Dax, Francia

Leucorrhinia albifrons macho en Hostens, Landas


Téneral de Leucorrhinia albifrons en Hostens, Landas

Téneral de Leucorrhinia albifrons en Hostens, Landas

Orthetrum albistylum macho en Hostens, Landas

Orthetrum albistylum macho en Hostens, Landas

Cópula de Libellula fulva en Messanges, Fancia

Libellula fulva femia en Dax, Francia

Cópula de Ceriagrion tenellum en Hostens, Landas-Francia

Cópula de Ischnura elegans en Hostens, Landas-Francia

Lestes sponsa macho en Hostens, Landas-Francia




5 jul 2018

II Simposio Ibérico de Odonatoloxía 2018

 Neste pasado fin de semana do 29 de xuño ao 1 de xullo celebrouse o II Simposio Ibérico de Odonatoloxía en Lugo. Durante este Simposio creouse o Grupo Ibérico de Odonatoloxía, entidade que terá como obxectivos fundacionais aglutinar a todos os investigadores e afeccionados ás libélulas ibéricas, desenvolver proxectos para o seu estudo e coñecemento e promover a realización continuo do Simposio Ibérico de Odonatoloxía.

O venres inaugurouse a exposición  A fotografía, a gran comunicadora no Centro Cultural O Vello Cárcere de Lugo, exposición que permanecerá ata setembro, para todos aqueles que a queirades visitar.
O sábado foron as ponencias, iniciando o simposio Adolfo Cordero coa charla Forcipomya paludis na Península Ibérica: distribución e notas sobre o seu comportamento.
Para os interesados en saber algo máis sobre as ponencias podedes consultar o Libro de Resumes do Simposio.
O domingo visitamos a Pedreira do Marco, A Lagoa do Rei e as Insuas do Miño, un pequeno percorrido onde poder observar e fotografar algunhas libélulas.
Pese a rematar todos cunha tremenda molladura tras unha tormenta de choiva inesperada, puidemos observar varios exemplares de Calopteryx xanthostoma, Calopteryx virgo, Lestes dryas, Lestes virens, Sympecma fusca, Ceriagrion tenellum, Coenagrion puella, Coenagrion scitulum, Platycnemis latipes, Platycnemis acutipennis, Ischnura graellsii, Anax imperator, Gomphus pulchellus, Crocothemis erythraea, Libellula quadrimaculata, Sympetrum sanguineum e Oxygastra curtisii.

 A verdade e que foi todo un pracer, coincidir con moitos dos asistentes do primeiro Simposio en Córdoba no 2015 e, coñecer a novos naturalistas apaixonadas e apaixonados das libélulas.

II Simposio Ibérico de Odonatología 2018


Banner realizado a partir
dunha fotografía de Iñaki Mezquita

Inauguración da exposición A fotografía, a gran comunicadora.


Adolfo Cordero e Antonio Torralba


Visita á Pedreira do Mazo

Oxygastra curtisii macho


Oxygastra curtisii femia


Platycnemis latipes macho

7 may 2018

Da Lagoa de Cospeito a Lagoa de Doniños

Onte, nun día de xuntanza coa familia Ferreiro Pardo, tivemos a sorte de observar varias especies de odonatos. Xunto con Lorena, Ricardo, Antía e Xurxo visitamos primeiro a Lagoa de Cospeito. Nun principio, era o espazo que pensábamos visitar para todo o día, pero dada a case ausencia de observacións de libélulas, decidimos buscar lugares máis cálidos, e despois de comer unhas pizzas chairegas deliciosas da casa Rozas, fomos á procura de Brachytron pratense á Lagoa de Doniños.

Calopteryx inmaduro na Lagoa de Cospeito
Foi unha boa decisión! Xa que ao pouco de chegar xa estábamos observando varias especies e entre elas Brachytron. Foi un día moi entretido e agradable, observamos Calopteryx virgo, Calopteryx xanthostomaLestes dryas, Sympecma fusca, Coenagrion puella, Ischnura elegansEnallagma cyathigerum, Pyrrhosoma nymphula e Brachytron pratense.

Cópula de Brachytron pratense

Cópula de Brachytron pratense

Enallagma cyathigerum comendo


Libélulas en familia