Recursos educativos

Xeometría  nas formas da natureza

As formas da natureza son unha fonte infinita de inspiración para a creación artística. Analizar estas formas axúdanos a coñecelas e a mellorar a nosa capacidade de observación. Non podemos negar que a xeometría está presente na natureza, como exemplo podemos considerar a forma esférica dalgunhas froitas, onde si as cortamos pola metade obtemos un círculo como sección resultante e
toda unha serie de sectores circulares; ou toda a presenza dos polígonos regulares na natureza, nas celas dun panel de abellas, nos ollos dos insectos, e en numerosas flores; e dende logo atopámola no reino animal,  no cal  observamos continuamente formas pentagonais, espirais, redes e simetría.

Neste apartado propoñemos unhas fichas sinxelas de exercicios de xeometría para o uso na aula. Loxicamente os modelos propostos están principalmente relacionados cos odonatos.

Fichas de Claudia Otero 4ºESO


Tamén no apartado de "A xeometría está  en todo", deixaremos enlaces a traballos novos e peculiares relacionados coa xeometría.

Exercicios de simetría de 4º ESO

Exercicio de simetría de 3º  ESO

Deseño de libeliñas en Inkscape a partir dun rectángulo 3º ESO

Exercicios de simetría de 1º ESO

A xeometría está en todo


Hecho con Padlet